Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de verán de iniciación á investigación no IDEGA

A Universidade de Santiago convoca 5 bolsas de iniciación á investigación no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) destinadas a estudantes de grao de alto nivel interesados en realizar unhas prácticas formativas no marco dun proxecto de investigación.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 12/06/2026

Duración:

1 mes

Requisitos:

  • Ter cursado no curso 2025-2026 estudos correspondentes ao último ou penúltimo curso do grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Xeografía, Ciencias Políticas, Dereito, Ciencias da Comunicación, ou titulacións relacionadas, ou mestrados relacionados.
  • A nota media do expediente académico debe ser igual ou superior a 7 puntos sobre base 10, debendo ter superado polo menos o 55 % dos créditos da titulación.
  • Presentar unha carta de presentación asinada por un titor dalgún dos proxectos para os que se solicita a bolsa no IDEGA. So se poderá presentar unha solicitude para un dos proxectos.
  • As persoas que xa disfrutaran dunha bolsa en convocatorias anteriores do IDEGA non poderán participar nesta convocatoria.

Remuneración / Custo:

Cada bolsa terá unha contía de 800 € brutos mensuais, ou a parte proporcional no caso de que a estancia sexa por un tempo inferior.

Páxina web:

www.usc.gal

Contacto:

IDEGA, Instituto de Estudios y Desarrollo de Galicia da USC

Av. das Ciencias, Chalet nº 1, Campus Vida USC (15782 - Santiago de Compostela)

tel.: 881 814 339

correo-e: idega@usc.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión