Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de verán de iniciación á investigación no iLTIUS

A Universidade de Santiago convoca 4 bolsas de iniciación á investigación no Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias - iLTIUS destinadas a estudantes de grao e máster co obxectivo de desenvolver investigación de alto nivel centrada nunha ampla gama de linguas indoeuropeas antigas (latina, grega) e modernas (alemán, español, francés, galego, inglés, portugués), así como nas literaturas que se desenvolveron a partir destas linguas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/06/2026

Duración:

1 mes, que deberá realizarse no mes de xullo ou setembro de 2026

Requisitos:

  • Ter cursado no curso 2025-2026 estudos correspondentes ao último ou penúltimo curso dos graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Inglesas, Linguas e Literaturas Modernas, ou titulacións relacionadas, e mestrados relacionados.
  • A nota media do expediente académico do grao debe ser igual ou superior a 8 puntos sobre base 10, debendo ter superado polo menos o 55 % dos créditos da titulación.
  • Entregar unha carta de presentación asinada polo/a coordinador/a dun grupo ou por un/unha titor/a  responsable dalgún dos proxectos para os que se solicita a bolsa no iLTIUS.
  • So se poderá presentar unha solicitude para un dos proxectos.
  • As persoas que xa disfrutaran dunha bolsa en convocatorias anteriores, do instituto de Estudos Lingüísticos e Literarios (iLTIUS), non poderán participar nesta convocatoria.

Remuneración / Custo:

Cada bolsa terá unha contía de 700 € brutos mensuais, ou a parte proporcional no caso de que a estancia sexa por un tempo inferior.

Páxina web:

www.usc.gal

Contacto:

Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias - iLTIUS

Centro de Estudios Avanzados: Parque de Vista Alegre - Rúa das Salvadas, s/n (15782 - Santiago de Compostela)

correo-e: iltius.direccion@usc.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión