Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de verán de iniciación á investigación no iLTIUS
A Universidade de Santiago convoca 4 bolsas de iniciación á investigación no Instituto de Investigacións Lingüísticas e Literarias - iLTIUS destinadas a estudantes de grao e máster co obxectivo de desenvolver investigación de alto nivel centrada nunha ampla gama de linguas indoeuropeas antigas (latina, grega) e modernas (alemán, español, francés, galego, inglés, portugués), así como nas literaturas que se desenvolveron a partir destas linguas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 15/06/2026
Duración:
1 mes, que deberá realizarse no mes de xullo ou setembro de 2026
Requisitos:
Ter cursado no curso 2025-2026 estudos correspondentes ao último ou penúltimo curso dos graos en Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Inglesas, Linguas e Literaturas Modernas, ou titulacións relacionadas, e mestrados relacionados.
A nota media do expediente académico do grao debe ser igual ou superior a 8 puntos sobre base 10, debendo ter superado polo menos o 55 % dos créditos da titulación.
Entregar unha carta de presentación asinada polo/a coordinador/a dun grupo ou por un/unha titor/a responsable dalgún dos proxectos para os que se solicita a bolsa no iLTIUS.
So se poderá presentar unha solicitude para un dos proxectos.
As persoas que xa disfrutaran dunha bolsa en convocatorias anteriores, do instituto de Estudos Lingüísticos e Literarios (iLTIUS), non poderán participar nesta convocatoria.
Remuneración / Dotación:
Cada bolsa terá unha contía de 700 € brutos mensuais, ou a parte proporcional no caso de que a estancia sexa por un tempo inferior.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible