Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bolsas de xornalismo Axencia EFE-Fundación “la Caixa”
A Fundación ”la Caixa” e a Axencia EFE anuncian a convocatoria de 12 bolsas para realizar prácticas formativas na Axencia EFE. Estas bolsas están destinadas a alumnos de último curso do Grao en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual de universidades españolas e teñen unha duración de 18 meses.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 20/09/2026
Requisitos:
Os solicitantes deberán ter a nacionalidade española.
Poderá solicitar a bolsa o alumnado matriculado en último curso de grao en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual cun mínimo de 30 créditos por cursar.
A bolsa deberá solicitarse para realizar as prácticas na sede da Axencia EFE en Madrid e nas súas delegacións de Alacante, Barcelona, Bilbao, Málaga, Murcia, Palma, Pamplona, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia, Valladolid e Zaragoza.
Será requisito indispensable dominar o castelán e a lingua propia ou cooficial da comunidade autónoma na que se realicen as prácticas. Así mesmo, o aspirante ao programa de bolsas deberá ter un bo expediente académico, bos coñecementos de inglés e, no seu caso, do idioma necesario
Remuneración / Dotación:
A bolsa terá dous períodos de formación práctica de 9 meses de duración. O primeiro iniciarase o 12 de novembro de 2026 e desenvolverase na sede central da Axencia EFE en Madrid ou ben nunha das delegacións estatais, e o segundo iniciarase o 1 de novembro de 2027, nunha delegación internacional da mesma.
Unha bolsa de estudos cuxa dotación mensual é de 650 € para cada un do primeiros nove meses, e de 1.500 € para cada un dos nove meses de prácticas internacionais.
Unha axuda para desprazamento, cuxo importe será de 500 € para os destinos europeos e de 1.000 € para o resto dos destinos.
Matrícula no Mestrado en Xornalismo Transmedia da Universidade Nacional de Educación a Distancia e a Axencia EFE.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible