Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas para o alumnado que curse as titulacións que impartirá no curso 2026/27 o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG): grao en xestión de empresas hostaleiras e curso superior de chef de cociña e pastelaría.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/07/2026

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirese que o/a estudante ou proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. O alumnado  estranxeiro non comunitario deberá acreditar a súa condición de residente.
  • Ter solicitada a preadmisión no curso 2026/27 nalgunha das titulacións que imparte o CSHG.
  • Non ter unha exención de matrícula establecida normativamente.
  • Bolsas ordinarias:
    • Para estudos de grao en xestión de empresas hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos e que a renda familiar non supere determinados límites de renda.
    • Para o curso superior de chef de cociña e pastelaría: Titulación de ciclo medio ou superior na rama da hostalaría, certificado de profesionalidade en cociña ou 6 meses de experiencia laboral en hostalaría, e non superar determinados límites de renda. 
  • Bolsas de excelencia académica para estudos de grao en xestión de empresas hostaleiras: Acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos.

Remuneración / Dotación:

Bolsas de nova adxudicación para novos/as alumnos/as do CSHG: desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria.

Bolsas de excelencia académica para o novo alumnado do CSHG: desconto do 100 % do prezo da matrícula ordinaria e desconto do 100 % no prezo do aloxamento na residencia do CSHG en cuarto compartido con pensión completa.

Páxina web:

www.cshg.gal

Contacto:

Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Carretera Santiago-Noia km 1, A Barcia, Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 54 25 59 e 981 54 25 93

Correo electrónico: info.cshg@xunta.gal

Dúbidas durante o proceso de presentación dos formularios por vía electrónica: teléfono de información 012 ou correo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 03/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal):

  • Bolsas de matrícula ordinaria: procedemento TU200A
  • Bolsas de excelencia académica: procedemento TU200C

Outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2026/27:

  • Bolsas ordinarias:
    • 25 bolsas para o grao en xestión de empresas hostaleiras.
    • 8 bolsas para o curso superior de chef de cociña e pastelaría.
  • Bolsas de excelencia académica:
    • 8 bolsas para o grao en xestión de empresas hostaleiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión