Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas para alumnado das universidades do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2026/27, fóra do ámbito do programa Erasmus+.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/08/2026

Duración:

estadías dun mínimo de tres meses completos.

Requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2026/27 en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
  • Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades do Sistema universitario de Galicia).
  • Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+.
  • Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.
  • Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do que é nacional.
  • Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

Remuneración / Custo:

  • 1.700 euros para intercambios realizados en Europa.
  • 2.500 euros para o resto do mundo.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela  

Teléfono: 981 544 430

Email: orientacion.sug@edu.xunta.es

Dúbidas na obtención dos formularios: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal

Publicación: DOG 03/07/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED441B

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión