Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas para o Taller Fotoperiodístico: Mirar, Editar, Contar

O Encontro Internacional de Fotoperiodismo de Asturias convoca 10 bolsas de participación para o Taller Fotoperiodístico: Mirar, Editar, Contar, unha formación presencial intensiva orientada ao desenvolvemento de proxectos visuais con mirada xornalística, ética, social e humanista.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/10/2026 ata o 03/10/2026

Inscricións:

Ata o 25/08/2026

Requisitos:

Poderán solicitar a bolsa as persoas maiores de 18 anos que cumpran, polo menos, un dos seguintes perfís:

  • PERSOAS NOVAS. Persoas de ata 35 anos, con interese no fotoperiodismo, a fotografía documental, o audiovisual, a comunicación social ou as narrativas visuais.
  • PERSOAS EN FORMACIÓN. Estudantes ou persoas vinculadas a estudos de fotografía, imaxe, comunicación audiovisual, xornalismo, belas artes, educación social, traballo social, cooperación, dereitos humanos, cultura ou mediación comunitaria.
  • PROFESIONAIS DO ÁMBITO SOCIAL. Persoas traballadoras, colaboradoras ou voluntarias en entidades sociais, educativas, culturais, comunitarias, de cooperación, dereitos humanos, intervención social ou acción humanitaria.
  • TRAXECTORIAS EMERXENTES. Perfís con experiencia inicial en fotografía, vídeo, comunicación ou proxectos documentais, especialmente vinculados a territorio, migracións, igualdade, memoria, deporte, mocidade, conflitos ou transformación social.

Remuneración / Custo:

viaxe + aloxamento + participación no taller

Páxina web:

fotoperiodismoasturias.org

Contacto:

EIFA, Encontro Internacional Fotoperiodismo Asturias

tel: 669 400 608

e-correo: info@fotoperiodismoasturias.org

Documentos:

Basees completas (pdf) (100 KB)

O taller propón traballar o proceso completo de creación dun proxecto fotoperiodístico: elección do tema, investigación previa, punto de vista, traballo de campo, relación coas persoas fotografadas, edición, secuenciación, publicación e circulación pública do traballo.

Lugar: Ateneo Obreiro de Xixón. Escola de Comercio, R/ Tomás y Valiente, 1, 2ª planta. 33201- Xixón (Asturias)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión