A Universidade de Vigo convoca bolsas do Programa Campus Rural, dirixidas ao estudantado de grao e máster para completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural para o curso 2025/26.
Para público en xeral
Ata o 09/04/2026
O período de prácticas terá unha duración mínima de 2 meses e máxima de 5 meses (poderán desenvolverse dende o día seguinte á adxudicación ata o 15 de novembro de 2026, agás estudantado que finaliza estudos, que deberá rematar as prácticas antes do 31 de agosto de 2026 ou da data de solicitude do título)
A contía individual máxima da bolsa será de 1.000 €/mes
Universidade de Vigo
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria - As Lagoas, Marcosende (36310 - Vigo)
tel: 986 81 40 94
correo-e: bolsasformacion@uvigo.gal
Publicación: DOG 25/03/2026
O obxectivo destas bolsas é esenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado a través da realización de prácticas no rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026
Dende o 05/04/2026 ata o 25/04/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible