Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Santander SICUE 2026/2027

As bolsas Santander SICUE teñen por obxecto axudar economicamente ao estudantado universitario matriculado na UDC que vaia realizar unha mobilidade no programa Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españoles (SICUE) durante o curso académico 2026/27. A finalidade destas bolsas é a de promover a mobilidade do estudantado da UDC a outras universidades españolas e mellorar as súas oportunidades laborais unha vez que finalice a súa estadía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/04/2026

Requisitos:

a) Ser residente en España.

b) Estar matriculado en estudos oficiais na UDC tanto no curso 2025/26, cando se solicitou a mobilidade SICUE, como no curso 2026/27, cando se realice a estadía SICUE.

c) Ser beneficiario dunha mobilidade SICUE no marco da convocatoria de mobilidade nacional durante o curso 2026/27.

d) Realizar a inscrición previa de forma electrónica na páxina web (Programa de Bolsas do Banco Santander).

e) Ter dada de alta na base de terceiros da UDC unha conta bancaria ao seu nome no Banco Santander en España antes do 8 de maio de 2026.

f) No ter sido adxudicatario/a desta bolsa en cursos anteriores.

Remuneración / Custo:

Convócanse un total de 40 bolsas Santander SICUE por un importe total de 20.000 euros: 500€ por bolsa

Páxina web:

https://www.udc.es

Contacto:

Universidade da Coruña - UDC

Tel: 881 011 960

sicue.sainte@udc.gal

Documentos:

Bases (249 KB)

SOLICITUDES:

As solicitudes deberán presentarse de forma electrónica na páxina web do Programa de Bolsas do Banco Santander, co correo electrónico universitario da UDC da persoa solicitante. As persoas candidatas que se rexistren cun enderezo de correo electrónico distinto ao institucional da UDC serán excluídas automaticamente do proceso de selección, sen posibilidade de emenda, xa que a plataforma Santander non permite a corrección dos datos introducidos.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión