Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Composteiros domésticos Coruña 2026

O Concello da Coruña a través do Servizo de Medio Ambiente pon en marcha o programa "Composteiros domésticos Coruña 2026" dirixido a persoas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes nos que compostar e transformar os residuos orgánicos xerados nun fertilizante para plantas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/09/2026

Duración:

Os composteiros entréganse para ser utilizados un mínimo de 5 anos.

Requisitos:

  • Persoas físicas
    • - Ser maior de idade.
    • - Estar empadroadas no Concello da Coruña.
    • - Dispoñer dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación e uso dun composteiro doméstico e para a empregar o compost obtido.
    • - Comprometerse, mediante declaración responsable, a facer un uso correcto do composteiro e a participar nas actuacións de seguimento e asesoramento que poida realizar o concello.
    • - No suposto de ser adxudicatarios/as na última convocatoria realizada por este concello dun horto urbano no que se pretende instalar o composteiro, as persoas solicitantes deberán indicalo expresamente. Así mesmo, deberán indicar se dispoñen ou non dun espazo adecuado para o emprego do composteiro unha vez finalizado o prazo de catro (4) anos da concesión do horto.
  • Centros de ensino e asociacións sen ánimo de lucro
    • - Dispoñer dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación e uso dun composteiro doméstico e para a empregar o compost obtido.
    • - Comprometerse, mediante declaración responsable, a facer un uso correcto do composteiro e a participar nas actuacións de seguimento e asesoramento que poida realizar o concello.

Páxina web:

www.coruna.gal/medioambiente

Contacto:

Concello da Coruña. Servizo de Medio Ambiente

R/ Pedro Ferrer s/n (Casa da Auga) 5ª andar. 15011- A Coruña

tel. 981 184 315 

Publicación: BOP 20/08/2026

OBXECTO:     

Adxudicación de 80 composteiros domésticos de 300 litros con aireador e termómetro entre a veciñanza do Concello da Coruña, co fin de promover a separación en orixe dos biorresiduos xerados nos fogares e fomentar prácticas sostibles de xestión dos residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica, durante un período mínimo de 5 anos dende a entrega.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión