Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Indemnizacións para vítimas de violencia de xénero

Convocatoria de axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia machista, así como a concesión de axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 01/12/2026

Requisitos:

1. Poderán ser persoas beneficiarias da indemnización prevista na letra a) do artigo 2, en réxime de igualdade, cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Ser menores de idade e estar empadroados en calquera dos municipios da Galicia, independentemente da renda familiar.

b) Ser maiores de idade até 30 anos incluídos, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando, na data do falecemento, as persoas beneficiarias non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual superen doce (12) mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.

2. Poderán ser persoas beneficiarias da indemnización prevista na letra b) do artigo 2 as mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que se producisen os feitos se cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada.

b) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Galicia.

No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.

c) Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a solicitante divididos polo número de membros que a compoñen, non superen o importe do IPREM vixente, durante os doce (12) meses anteriores.

3. Poderán ser persoas beneficiarias da indemnización prevista no letra c) do artigo 2 desta orde os familiares ascendentes e descendentes en 1º ou 2º grao de consanguinidade das mulleres vítimas mortais da violencia de xénero e, de ser o caso, dos fillos e fillas da muller vítima, falecidos como consecuencia da violencia de xénero, sempre que non tivesen participación no suceso causante.

Remuneración / Dotación:

O importe máximo subvencionable será de 10.000€

Páxina web:

igualdade.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade

San Lázaro, s/n. 15781-  Santiago de Compostela  (A Coruña)

tel:  981 545 361/ 981 957 268

e-correo: vx.igualdade@xunta.gal

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI460A

Publicación: DOG 07/01/2026

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión