Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Lectorados de español en universidades estadounidenses durante o curso académico 2027-2028
A Comisión Fulbright abre a convocatoria de ata 10 prazas para ensinar español en universidades de Estados Unidos durante o curso 2027-2028. O programa permite combinar a experiencia como docente cunha inmersión na vida universitaria e cultural estadounidense, xa que as persoas seleccionadas poderán cursar materias de grao e participar en actividades académicas e extracurriculares durante os nove meses de estadía.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 14/10/2026
Duración:
9 meses.
Requisitos:
Nacionalidade española e residencia fiscal en España.
Grao ou licenciatura obtido entre xuño de 2020 e outubro de 2026, preferentemente en áreas de educación ou idiomas; noutro caso, deberá acreditarse experiencia docente.
Bo nivel de inglés oral e escrito demostrable con exame de Duolingo (mínimo 110), TOEFL (mínimo 86/4,5), Essentials (mínimo 9) ou IELTS (mínimo 6,5). Só se dará validez a exames realizados despois do 1 de setembro de 2024.
Flexibilidade, adaptación, profesionalidade e capacidade de colaboración. Ademais do compromiso de permanecer todo o curso no destino.
Remuneración / Custo:
4.000 dólares para viaxe e gastos xerais, por parte do programa Fulbright.
400-1.000 dólares mensuais por parte da institución de destino.
Posible aloxamento e manutención no campus.
Seguro médico e de accidentes cuberto por Fulbright.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible