Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Lectorados MAEC-AECID en Universidades Estranxeiras para o curso 2026/2027

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convoca prazas de Lectorados en universidades estranxeiras para contribuír ao fortalecemento e promoción do ensino do español, á formación e á adquisición de experiencia docente dos lectores no ensino do español como lingua estranxeira.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 13/01/2026 ata o 30/01/2026

Duración:

O tempo que exista a actividade académica, dentro do período 1 de xullo de 2026 ao 31 de decembro de 2027.

Requisitos:

Solicitantes dun lectorado vacante ou novo:

  • Nacionalidade española.
  • Maior de idade.
  • Posuír algún dos títulos que se relacionan a continuación e estea inscrito no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT):
    • 1. Doutor, Licenciado, Máster Universitario ou Grao na rama de coñecemento de Artes e Humanidades, correspondente a algunha destas disciplinas: Español, Filoloxía, Literatura, Linguas, Humanidades (referido ao título, non á rama de coñecemento), Tradución, Interpretación de Linguas ou Lingüística.
    • 2. Doutor, Licenciado, Máster Universitario ou Grao nalgunha das disciplinas das ramas de coñecemento de Arte e Humanidades (distintas das citadas no apartado anterior) ou Ciencias Sociais e Xurídicas. Ademais, deberá posuír formación específica no ensino do español como lingua estranxeira cursada en institucións españolas e acreditada por algunha das seguintes titulacións como mínimo: Diploma de Acreditación Docente do Instituto Cervantes (DADIC Autónomo puntuación mínima 55 puntos), Máster Título Propio en Ensino do Español como Lingua Estranxeira (ELE), Diploma Universitario ELE cun mínimo de 30 créditos ECTS, Experto en ELE cun mínimo de 200 horas, Especialista ELE cun mínimo de 200 horas.
    • 3. Máster universitario en ensino do español como lingua estranxeira.
  • Formación específica na didáctica do español.
  • Experiencia docente do idioma español, e/ou de Literatura en español.
  • Coñecementos do idioma oficial do país solicitado, ou doutro habitualmente aceptado nel como de comunicación universitaria
  • Idade, non superior aos 37 anos no primeiro día do mes de inicio do lectorado solicitado.

Remuneración / Dotación:

As axudas consisten en: dotación mensual que variará en función do país e universidade de destino; unha axuda complementaria de incorporación presencial de acordo co país de destino; ata 250 € para a adquisición de material didáctico para o ensino do español; ata 250 € de axuda para formación e bolsas de viaxe en compensación por gastos para asistir a reunións de lectores sobre temas ou actividades relacionadas coas funcións propias do programa.

Páxina web:

www.aecid.es

Contacto:

AECID

Avenida Reyes Católicos 4. 28040 Madrid

Tel. 900 20 30 54

Correo electrónico: lectorados@aecid.es

Publicación: BOE 27/12/2025

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 877514

Destinos:

Angola, Benín, Cabo Verde, Camerún, Costa do Marfil, Gabón, Ghana, Guinea, Guinea Ecuatorial, Malí, Mozambique, Namibia, Nixeria, República de Sudáfrica, Senegal, Zimbabwe, Arqelia, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, Xordania, Líbano, Marrocos, Mauritania, Omán, Palestina, Tunez, Antigua e Barbuda, Barbados, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Güiana, Xamaica, Santa Lucía, Trinidad e Tobago, Australia, China, Filipinas, India, Indonesia, Malaisia, Nova Zelandia, Paquistán, República de Corea, Singapura, Sri Lanka, Tailandia, Vietnam, Albania, Acerbaixán, Armenia, Bélxica, Bosnia e Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Estonia, Xeorxia, Hungría, Irlanda, Italia, Kazajstán, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Moldavia, Polonia, Reino Unido, República Checa, República Eslovaca, Romanía, Serbia, Turquia, Ucraína e Usbequistán.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión