Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, curso 2025/26

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca ata 20 premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2025/26, coa finalidade de dar recoñecemento ao esforzo e á dedicación do alumnado que, por circunstancias socioculturais, familiares ou persoais, ten desvantaxe cara conseguir rematar os seus estudos ou vese condicionado o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 20/07/2026

Requisitos:

  • Ter cursado durante o ano académico 2025/26 4º curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria na convocatoria ordinaria do curso 2025/26.
  • Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural. O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornas socioculturais desfavorecidas ou de contornas familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara a conseguir rematar os seus estudos, ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

Remuneración / Custo:

1.000 € por premio e un diploma acreditativo.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edif. Adm. San Caetano s/n, bloque 2, 1º andar (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 527 / 881 997 383/ 881 996 509

correo-e: premios@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 19/06/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311E

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión