Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios fin de carreira curso académico 2024/25

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convoca os premios fin de carreira para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2024/25, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 26/02/2026

Requisitos:

  • Ter o título universitario español polo cal opta ao premio ou o depósito daquel.
  • Ter cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola cal opta ao premio como alumno/a das universidades do Sistema universitario de Galicia.
  • Ter rematada a titulación oficial de grao no curso académico 2024/25.
  • No programa de simultaneidade de graos, finalizar os dous traballos fin de grao no mesmo curso académico 2024/25.
  • Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde, e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Remuneración / Custo:

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500,00 € e un diploma acreditativo.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 544 430 - 981 545 431

Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es

Publicación: DOG 26/01/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED415A

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión