Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña para 2026

A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, convoca catro programas de difusión cultural: Escena ao Vivo!, Visións, Alicerce e Lingua a escena!.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 29/01/2026

ata as 14:00 h. 

Duración:

Os espectáculos incluídos na incluídos na programación da Rede Cultural 2026 desenvolveranse no ámbito territorial da provincia da Coruña desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de marzo de 2027.

Requisitos:

  • Poden inscribirse nos programas ESCENA AO VIVO!, VISIÓNS E LINGUA A ESCENA! da Rede Cultural da Deputación da Coruña todos os artistas profesionais, compañías profesionais e empresas de distribución de espectáculos con domicilio fiscal en calquera concello da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que as actuacións se desenvolvan nos concellos da provincia. Cada artista ou compañía poderá inscribir un máximo de 5 espectáculos para cada Programa, agás o PROGRAMA VISIÓNS!, no que cada empresa do ámbito audiovisual poderá inscribir un máximo de 15 propostas audiovisuais.
  • Poderán participar do programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña todas as compañías, grupos e artistas non profesionais con domicilio fiscal na provincia da Coruña. Cada artista ou compañía poderá inscribir un máximo de 4 espectáculos e os/as participantes neste programa deberán realizar as actuacións fóra do termo municipal en que estean radicados.

Remuneración / Dotación:

Límite máximo de achega orzamentaria da Deputación: 

  • Concellos de menos de 2.500 habitantes : 10.000 €
  • Concellos de 2.501 a 5.000 habitantes: 14.000 €
  • Concellos de 5.001 a 10.000 habitantes: 18.000 €
  • Concellos de 10.001 a 20.000 habitantes: 22.000 €
  • Concellos de máis de 20.001 habitantes: 26.000 €

No programa ALICERCE, ademais dos concellos, poderán solicitar propostas artísticas non profesionais as entidades sen ánimo de lucro da provincia que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura. Nestes casos a porcentaxe de cofinanciamento poderá variar entre o 70% e o 50% de achega da Deputación, con un límite máximo de 15.000 €.

Páxina web:

www.dacoruna.gal/cultura

Contacto:

Diputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña, 2 (15003 - A Coruña)

Tel. 981 080 300

correo-e: cultura@dacoruna.gal

Publicación: BOP 19/12/2025

PROGRAMAS

ESCENA AO VIVO! Categoría profesional

Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos

VISIÓNS! Categoría profesional

Programa de cinema e contidos audiovisuais para concellos

ALICERCE Categoría non profesional

Programa de grupos de música, danza e teatro non profesionais para concellos e entidades

LINGUA A ESCENA! Categoría profesional

Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: artistas, grupos e compañías inscribiranse telematicamente no apartado específico da sede electrónica da Deputación da Coruña, SUBTEL https://sede.dacoruna.gal/subtel do 8 ao 29 de xaneiro de 2026 ata as 14.00 h.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión