Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Área de Cultura da Deputación da Coruña, co fin de continuar coa súa labor de apoio á creación artística, presenta unha nova convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán, un programa que ten por obxecto seleccionar 16 proxectos para desenvolver a súa residencia creativa no Pazo de Mariñán distribuídos nas áreas da música, literatura e pensamento e creación de contidos socioculturais en redes sociais.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/02/2026
ata as 14.00 h
Requisitos:
para as RESI-MU - Música:
dirixidas a bandas ou artistas solistas maiores de 18 anos que teñan a súa residencia en Galicia (no caso dos grupos deberán tela, polo menos, un terzo dos seus compoñentes), e que non obtivesen unha residencia Mariñán de música anteriormente.
nas propostas presentadas:
- a autoría da letra e a música debe ser da persoa solista ou dos membros da banda que a presenten
- poderán ser de calquera estilo musical e deberán estar compostas de repertorio propio, excluíndose versións, exceptuando as baseadas na música tradicional ou clásica.
para as 2 RESI-LP - Literatura e pensamento:
a) modalidade literatura: dirixida a maiores de 18 anos que teñan a súa residencia en Galicia e desenvolvan o seu proxecto literario en lingua galega, en calquera das súas expresións: narrativa, ensaio, poesía, teatro, guión cinematográfico, banda deseñada, xéneros híbridos..., e que non obtivesen unha residencia Mariñán de literatura e pensamento na convocatoria anterior.
b) modalidade pensamento: diirixida a maiores de 18 anos que teñan a súa residencia en Galicia que investiguen calquera ámbito de coñecemento: filosofía, antropoloxía, historia, arte, economía, dereito, política, sociedade..., e que non obtivesen unha residencia Mariñán de literatura e pensamento na convocatoria anterior
para as RESI-RS - Creación de contidos socioculturais en redes sociais:
dirixidas a persoas ou grupo de persoas creadoras de contidos maiores de 18 anos que contan con perfís de carácter cultural en redes sociais, cuxo proxecto conte cunha traxectoria inferior a 2 anos e que teñan a súa residencia en Galicia (no caso de equipos ou proxectos multipersoais deberán tela, polo menos, un terzo das persoas compoñentes).
as propostas presentadas poderán ser proxectos en calquera das redes sociais en funcionamento e con calquera tipo de formato (fotográfico, audiovisual, podcast, textual etc), deberán ter unha/s temática/s relacionadas co ámbito da cultura e estarán creadas con materiais propios (audiovisual, textual etc),
En todos os proxectos presentados a lingua galega deberá ser a lingua principal do seu contido e non se admitirán proxectos con contidos machistas, homófobos, tránsfobos, racistas ou que atenten contra a liberdade e a dignidade das persoas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña (SUBTEL).
Remuneración / Custo:
Para todas as residencias artísticas:
- espazo de traballo no Pazo de Mariñán, con varias estancias de diferentes características adaptadas ás necesidades da creación e a formación. As salas non contan con equipamento técnico, pero si con conexión eléctrica, conexión a internet e mobiliario básico.
- aloxamento en habitación de uso individual con espazo de traballo propio, en réxime de pensión completa no Pazo de Mariñán durante os días da residencia.
- acompañamento e seguimento da proposta por parte do comisario das residencias durante a estancia no Pazo de Mariñán, co fin de facilitar a viabilidade do proxecto.
Para as RESI-MU - Música: a residencia inclúe tamén o custo das necesidades técnicas da creación, que en ningún caso poderá superar os 5.000 € por proxecto.
Para as RESI-RS - Creación de contidos socioculturais en redes sociais: a residencia inclúe tamén o custo das necesidades técnicas da creación, que en ningún caso poderá superar os 500 € por proxecto.
As residencias desenvolveranse coa seguinte duración segundo a área:
RESI-MU - Música (4 proxectos): 6 días entre o 13 e o 24 de abril (establécense 2 quendas, 2 proxectos por quenda, unha do 13 ao 18 de abril e outra do 19 ao 24 de abril)
RESI-LP - Literatura e pensamento (4 proxectos): 12 días, entre o 13 e o 24 de abril.
RESI-RS - Creación de contidos socioculturais en redes sociais (8 proxectos): 6 días entre o 13 e o 24 de abril (establécense 2 quendas, 4 proxectos por quenda, unha do 13 ao 18 de abril e outra do 19 ao 24 de abril)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible