Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Subvencións a entidades sociais e veciñais do Concello da Coruña
O Concello da Coruña convoca axudas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para financiar actividades ou proxectos de interese social e a asociacións veciñais para financiar iniciativas de dinamización veciñal.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/04/2026
Requisitos:
Subvencións a asociacións veciñais:
Asociacións de veciños ou outras entidades de carácter veciñal, legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, que figuren rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC) na categoría de VECIÑAL
Liña 1: carezan de local municipal en réxime de cesión ou noutras condicións de uso gratuítas, como sede da entidade.
Liña 2: presenten un proxecto, programa ou actividade que se axuste ao obxecto da subvención debidamente detallado e orzado.
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actividades ou proxectos de interese social:
Persoas xurídicas, as agrupaciones de persoas físicas o xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean válidamente constituidas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.
Remuneración / Dotación:
Subvencións asocicaións veciñais:
Liña 1, destinada ao apoio ao mantemento das sedes sociais, dispón dun crédito de 25.000 euros.
Liña 2, centrada en programas, proxectos e actividades de interese social, cívico e cultural, suma un total de 35.000 euros.
Subvencións entidades: Poderán subvencionarse actuacións de promoción e reinserción social, prestación de servizos sociais e, en xeral, iniciativas que persigan un interese social no termo municipal da Coruña durante o ano 2026. Cada entidade poderá presentar un máximo dun proxecto, cunha contía máxima de 8.000 euros, e o orzamento subvencionable poderá acadar ata o 90 % do total.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible