Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Subvencións Plan Renova o Teu Vehículo

A Axencia Instituto Enerxético de Galicia, INEGA, mantén aberta o prazo de solicitudes para as axudas na adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran determinadas características enerxéticas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/09/2026

até as 20:00h ou até esgotar fondos.

Requisitos:

  • Será obxecto de subvención a adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran as características enerxéticas indicadas a continuación e teñan un custo inferior ou igual a 42.000€ (impostos incluídos), que se amplía a 47.000€ para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000 € adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a utilización de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas.
    • a) Vehículos M1 (Turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km. Establécense dúas categorías que recibirán diferente intensidade de axuda:
      • Tipo 1: Con emisións iguais ou inferiores a 99 g CO2/km 
      • Tipo 2: Con emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km
    • b) Vehículos N1 (Furgonetas) cun valor de emisións  inferiores ou iguais a 110 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg, ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 180 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg
  • Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirente titular do vehículo obxecto da subvención acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico, mediante a presentación do correspondente certificado acreditativo da baixa definitiva do vehículo. O vehículo a achatarrar deberá ser, indistintamente, de categoría M1 ou N1, estar matriculado en España e ter unha antigüidade, contada dende a data da súa primeira matriculación e ata o día no que se fai a solicitude da axuda, de, polo menos, dez anos, no caso de vehículos M1, ou de cinco anos, no caso de vehículos N1. Adicionalmente, o vehículo a desmantelar deberá estar ao día no pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e o adquirinte titular do vehículo susceptible da axuda, o cónxuxe ou un familiar de primeiro grao (por consanguinidade ou afinidade) deberá ostentar a titularidade do vehículo a achatarrar...

Remuneración / Custo:

entre 2.000 e 4.600€

Páxina web:

www.inega.gal

Contacto:

INEGA 

R/ Avelino Pousa Antelo, nº5. 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)

tel: 981 953 543 / 981 541 520

Publicación: DOG 23/12/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento IN421U

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión