A Fundación Barrié anuncia a convocatoria do 2027 Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa de estadías de investigación internacional durante o verán de 2027 dirixido a estudantes universitarios galegos de graos universitarios da área de Ciencias da Vida.
Para público en xeral
Dende o 21/06/2027 ata o 20/08/2027
Dende o 04/09/2026 ata o 20/10/2026
Os estudantes seleccionados recibirán o apoio económico necesario para cubrir os gastos de viaxe, seguro e manutención, así como unha excelente formación no eido da investigación biomédica.
O obxectivo do Summer Undergraduate Fellowship Program é achegar a investigación biomédica aos estudantes universitarios galegos co obxectivo de que poidan adquirir experiencia nun laboratorio internacional e orientar a súa carreira profesional.
A convocatoria ten por obxecto a concesión de 15 bolsas para a realización de prácticas de laboratorio durante 9 semanas, entre o 21 de xuño e o 20 de agosto de 2027, nos seguintes centros:
SOLICITUDES: a través de la plataforma electrónica https://becas.fundacionbarrie.org/universitarios desde o 4 de setembro ata o 20 de outubro de 2026.
Ata o 13/10/2026
Ata o 02/10/2026
Dende o 10/09/2026 ata o 30/09/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible