Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Tarxeta Xente Nova 2026

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/12/2026

Requisitos:

  • Persoas con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos, ambas incluidas.
  • Tramitación: solicitar cita (a través da aplicación https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn) nunha oficina Abanca e, unha vez alí, presentar o DNI/NIE. Para os menores de idade, deberá solicitala a/o representante legal que, xunto cos DNIs, terá que levar o libro de familia ou documentos equivalentes.

Remuneración / Custo:

A tarifa Xente Nova supón o reintegro do 100% do importe das viaxes interurbanas, até un máximo de 60 viaxes mensuais. 

Páxina web:

www.bus.gal/gl/xente-nova

Contacto:

- Dirección Xeral de Mobilidade

Tel.: 981 544 581 

correo-e: mobilidade.cim@xunta.gal

- Transporte Público de Galicia

Tel. 988 687 800

correo-e: tmg@xunta.gal

Publicación:

  • DOG do 31 de decembro de 2019 (Regulación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia)
  • DOG do 12 de xuño de 2020 (Acordo polo que se establece a primeira expansión territorial da tarxeta Xente Nova)
  • DOG do 28 de decembro de 2020 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2021)
  • DOG do 20 de maio de 2020 (Resolución pola que se culmina o procedemento de expansión do ámbito de aplicación da tarxeta Xente Nova ao conxunto do transporte público de Galicia)
  • DOG 14 de decembro de 2021 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2022)
  • DOG 05 de decembro de 2022 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2023)
  • DOG do 15 de novembro de 2023 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2024)
  • DOG do 02 de decembro de 2024 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2025)
  • DOG do 26 de novembro de 2025 (Resolución pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova para o ano 2026)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión