Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

20º Concurso de Fotografía: "O Camiño de Santiago"

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en León, "Pulchra Leonina", volve convocar o seu Concurso de Fotografía anual, este ano centrado no Camiño de Santiago.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 28/08/2026

Remuneración / Dotación:

  • 1º premio: 300 €
  • 2º premio: 250 €
  • 3º premio: 200 €
  • Dous accésits: 100 € cada un.

Os premios outorgaranse a unha única fotografía; Non se deixará ningún premio deserto e ningún participante recibirá máis dun premio.

Páxina web:

20º Concurso de Fotografía: "O Camiño de Santiago"

Organiza:

Contacto:

Avenida Independencia, nº 2, 5º Izq. León

Tel.: 987 260 530 - 677 430 200 (tamén whatsapp).

E-correo: caminosantiagoleon@gmail.com

Esta edición do concurso serve para conmemorar momentos especiais nas distintas rutas do Camiño e para fomentar o espírito xacobeo. Ademais dos premios en metálico, as fotografías seleccionadas exporanse en varias localidades do Camiño de Santiago ao longo de 2026 e 2027. Tamén se publicarán na revista "El Senderín" e poderán usarse como tarxetas de Nadal. 

A decisión do xurado anunciarase durante o mes de setembro. A cerimonia de entrega de premios terá lugar durante as XXVI Xornadas Xacobeas en outubro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión