Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

30.º Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luís Valtueña

Médicos do Mundo convoca a 30.ª edición do Premio Internacional Luís Valtueña, destinada a recoñecer e divulgar os mellores traballos de fotografía humanitaria e documental, aqueles que de forma singular evidencien problemáticas sociais, inxustizas e/ou abusos dos dereitos das persoas, así como as situacións que os propician ou os combaten.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 11/10/2026

Requisitos:

  • Poderán participar persoas fotógrafas profesionais ou non profesionais, así como colectivos formados por dous ou máis integrantes, de calquera nacionalidade, maiores de idade e vinculados ao enfoque documental e/ou ao fotoperiodismo.
  • Temática. As fotografías deberán abordar historias relacionadas coa saúde, acción humanitaria, cooperación internacional, emerxencias, exclusión social, migracións, refuxio, conflitos armados, desigualdades ou vulneracións de dereitos humanos.

Remuneración / Custo:

  • Primeiro premio e gañador/a de o Premio Luís Valtueña: 6.000 euros.
  • Segundo premio: 2.000 euros.
  • Terceiro premio: 2.000 euros.
  • Cuarto premio: 2.000 euros.
  • Premio especial: 1500 euros, outorgado polo Festival de Cinema e Dereitos Humanos de Donostia que recoñece a unha única fotografía, seleccionada de entre as catro series gañadoras, que se converterá na imaxe oficial da edición 2027 do festival. A decisión será tomada polo xurado do Premio Luís Valtueña e representantes do Festival de Cinema e Dereitos Humanos.

Páxina web:

premioluisvaltuena.org

Contacto:

Premio InternacionalLuis Valtueña. Fotografía Humanitaria

R/ Conde de Vilches, 15. 28028- Madrid

tel: 91 543 60 33

e-correo: premioluisvaltuena@medicosdelmundo.org

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión