Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso audiovisual "Modo Festival On"

Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, presenta Modo Festival On: un certame internacional de reels, dotado con 2.000 euros en premios, que convida a capturar eses momentos nos que a música esperta algo esencial: o entusiasmo pola vida.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 15/06/2026 ata o 21/07/2026

23:59 h.

Requisitos:

  • Para participar, debes compartir a túa peza no muro do teu perfil público de Instagram e/ou TikTok xunto ao hashtag #ModoFestivalOn e mencionando (que non etiquetando) a @culturainquieta e @iberdrola.
  • Podes participar con tantas pezas como queiras.
  • A duración dos vídeos pode ir desde apenas uns segundos ata un máximo de 3 minutos. Os clips en formato curto, de escasos segundos, son máis que benvidos. Lembra que non se premia a duración, senón a creatividade e a sensibilidade da proposta.
  • Podes presentar a túa obra en calquera formato audiovisual: vídeo clásico, animación, montaxe fotográfica, stop motion ou outras linguaxes visuais.
  • É un concurso internacional: podes participar desde calquera parte do mundo.
  • As obras deben ser orixinais. Non importa se foron publicadas anteriormente.
  • Só teranse en conta pezas compartidas en perfís públicos. Non se admitirán envíos por mensaxe privada, correo electrónico ou stories.

Remuneración / Dotación:

  • Primeiro premio: 800 euros.
  • Segundo premio: 600 euros.
  • Terceiro premio: 200 euros.
  • Cuarto premio: 200 euros.
  • Quinto premio: 200 euros.

Ademais dunha difusión editorial en Cultura Inquieta a través de todas as súas canles (web e redes sociais).

Páxina web:

https://culturainquieta.com/

Contacto:

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión