Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de fotografía José Gestal «Cardoña»

A Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral convoca o I Concurso de Fotografía José Gestal “Cardoña”, co obxectivo de reivindicar a figura e a obra deste fotógrafo histórico e representativo de toda unha época da cultura galega.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/12/2026

Requisitos:

As fotografías presentadas deberán abordar algunha das seguintes temáticas: retrato, reportaxe, documentalismo e tradición.

O concurso está aberto tanto a profesionais como a afeccionados/as maiores de 18 anos.

Cada participante poderá presentar un máximo de catro fotografías.

As fotografías deberán ter un tamaño mínimo de 18 cm no seu lado menor e non poderán superar os 40 cm en ningún dos seus lados. Tamén será obrigatorio presentar o arquivo dixital das fotografías nunha memoria USB, cunha resolución mínima de 3000 píxeles no lado menor.

Remuneración / Dotación:

1º premio: 1.000 €

2º premio: 400 €

3º premio: 200 €

4º premio especial para fotografías feitas no Concello de Carral: Patrocinado por "Celebra con Olivia", cun valor económico de 200 €.

Páxina web:

culturaaberta.gal

Contacto:

Asociación Cultural Cultura Aberta de Carral

Rúa da Fraga nº 8

15175 Carral (A Coruña)

Tel: 634 41 00 50 / 636 32 64 25, ou 624 22 79 71

Correo electrónico: concursofotojosegestalcar@culturaaberta.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión