Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de Podcast Escolar de RNE

Radio Nacional de España, coa colaboración da Plataforma Elocuencias.com, convoca a VI edición do Concurso de Podcast Escolar co obxectivo de achegar a radio aos máis novos e estimular a súa creatividade, que foi galardoada cun Premio Ondas como mellor idea radiofónica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 17/04/2026

Requisitos:

  • Poden participar alumnos e profesores de calquera CEIP, CEE ou IES publico, concertado ou privado de España e centros no estranxeiro que se imparta ensino en español.
  • A participación realízase mediante a presentación dun arquivo de audio (podcast) que pode ter formato de programa, informativo, reportaxe, documental ou ficción sonora (contos, fábulas, recreacións históricas...). Pode ser real ou inventado, serio ou divertido; gravado en directo ou con postproducción, cunha duración máxima de 5 minutos e en castelán.
  • Cada centro pode presentar un Podcast por cada aula incluída en cada unha das seguintes categorías:
    • - Categoría 1: 1º, 2º e 3º de Primaria
    • - Categoría 2: 4º, 5º e 6º de Primaria
    • - Categoría 3: 1º,2º e 3º de ESO
    • - Categoría 4: 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e FP
  • O guion debe ser orixinal, escrito polos propios profesores e os alumnos. É indispensable que os podcasts teñan a mellor calidade de audio posible.
  • Para participar os profesores teñen que aceptar as bases do concurso enviando un correo-e a concursopodcastescolar@rtve.es . Despois deben subir os seus traballos á plataforma Elocuencias: https://elocuencias.com/canle/vi-concurso-de-podcast-escolar/
  • Os centros escolares fanse responsables de ter as obrigatorias autorizacións por parte de proxenitores e/ou titores legais tanto para a participación dos menores como para a cesión de dereitos de imaxe e emisión, así como o tratamento dos datos persoais.

Remuneración / Dotación:

Outorgarase un premio por cada categoría que consistirá en:

  • Trofeo
  • 1 ano de plataforma gratuíta en Elocuencias.com
  • Invitación a un gala/programa de radio que se transmitirá por RNE.
  • Master Class de Radio, impartida por un profesional de RNE e visita aos Estudos do Centro Territorial da provincia de cada un dos centros educativos gañadores.

Páxina web:

www.rtve.es

Contacto:

Concurso de Podcast RNE

correo-e: concursopodcastescolar@rtve.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión