O Día das Letras Galegas de 2026 dedícase a Begoña Caamaño, autora que renovou a narrativa galega cunha voz singular e comprometida. Para esta celebración, o IES San Clemente propón un concurso creativo que permita redescubrir, doutro xeito, a beleza das súas palabras
Para público en xeral
Ata o 29/01/2026
Cada creación poética debe basearse nunha páxina dunha obra de Begoña Caamaño.
As obras entregaranse obrigatoriamente en formato dixital, resaltando as palabras ou frases seleccionadas e escurecendo o resto.
As creacións deben ser orixinas e inéditas. Cada participante poderá presentar unha única obra.
Valoraranse a creatividade, a estética e a coherencia da obra que se entregue.
1º Premio: Vale de 100 € para compra de libros en galego.
2º Premio: Vale de 75 € para compra de libros en galego.
IES San Clemente
R/San Clemente s/n
15705 - Santiago de Compostela
Tel: 881 867 501
E-correo: edlg@iessanclemente.net
Categorías:
A: Estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo.
B: Persoas de calquera idade de calquera lugar do mundo.
C: Estudantes do IES San Clemente, en calquera das súas modalidades.
Dende o 10/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 10/01/2026 ata o 31/01/2026
Dende o 23/02/2026 ata o 02/03/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 06/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible