Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Agrupación Cultural O Facho convoca o seu concurso de poesía para autores menores de 35 anos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 16/04/2026
Requisitos:
Poderá concorrer calquera persoa até os 35 anos de idade e sempre que non publicase ningún libro individual de poesía e a obra sexa inédita e non fose premiada con anterioridade en calquera outro concurso ou certame.
A obra presentada debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e cun máximo de unha obra por autor. Recoméndase que as obras teñan unha extensión mínima de 300 versos.
Os orixinais enviaranse por triplicado debidamente encadernados, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara por correo a: Caixa de Correos n.º 46, Oficina Principal da Coruña (CP 15001)
Remuneración / Dotación:
Edición pola Editorial MEDULIA da obra premiada e entrega ao/à autor/a premiado/a dun máximo de 15 exemplares.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible