Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso de relatos para viaxar pola provincia da Coruña - 14º edición. Biblioteca e Turismo da Deputación da Coruña

A Biblioteca Provincial xunto co Servizo de Turismo da Deputación da Coruña convocan unha nova edición do concurso de microrrelatos sobre o patrimonio dos concellos da provincia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/09/2026

Requisitos:

  • Participantes: Poderán participar tódalas persoas físicas, maiores de idade, usuarios ou non da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, de xeito libre. Quedan excluídas todas aquelas persoas con calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca Provincial e co Servizo de Turismo da Deputación da Coruña.
  • Formato: Os relatos presentados ambientaranse ou farán referencia a algún dos concellos da provincia da Coruña, non sendo preciso que o autor resida nel. Poderán estar relacionados coa historia local, lendas propias, tradicións do pobo, persoas destacadas, valores positivos do concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental do seu territorio, ou calquera outro aspecto que axude a resaltar o patrimonio do concello. Deberán estar escritos en galego ou castelán, ser inéditos e non ter sido presentados en ningún outro concurso. O texto terá unha extensión máxima de 500 palabras

Remuneración / Dotación:

  • O primeiro premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo e cea incluídos, nun establecemento tipo cabanas rurais da provincia da Coruña.
  • O segundo premio consistirá nunha estancia para dúas persoas dunha noite, con almorzo incluído, nun establecemento rural da provincia da Coruña.
  • O terceiro premio consistirá nunha comida ou cea para dúas persoas nun establecemento da provincia da Coruña. Ademais, entre os participantes, sortearanse varios lotes de produtos gastronómicos da provincia

Páxina web:

https://www.dacoruna.gal/biblioteca

Contacto:

Biblioteca Provincial da Coruña

Tel.: 981 415 176.

biblioteca.info@dacoruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión