Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Norma Editorial convoca o Concurso de Manga 2026 co obxectivo de presentar unha idea para o posterior desenvolvemento dun manga de 176 páxinas. Este volume presentará unha historia autoconclusiva. Deberá conter uns protagonistas con carisma e ben definidos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 28/09/2026
Requisitos:
Os traballos presentados a concurso deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa forma, así como non ser presentados a ningún outro certame ou feito públicos (tanto de forma impresa como dixital, incluíndo plataformas dedicadas á lectura de cómic en liña).
A temática, estilo e xénero son totalmente libres
O concurso ten carácter internacional, polo que poden presentarse obras en calquera idioma e candidatas/vos con calquera nacionalidade e idade.
Deberá constar un resumo do argumento da obra, un resumo de 5 ou 6 liñas como presentación do proxecto e a creación das 8 primeiras páxinas (8 follas a unha cara) da obra.
Pódense presentar un máximo de tres obras por autor ou autora, a título individual ou formando parte dun colectivo ou grupo.
Os proxectos poden presentarse en formato físico (papel) ou dixital...
Remuneración / Dotación:
O premio consistirá nun contrato de edición para completar a obra nun total de 176 páxinas e ser publicada por Norma Editorial. Este contrato contemplará un anticipo en concepto de royalties e dereitos de representación de 4.500€ brutos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible