Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Fundación Ibercaja convoca a edición 2026 do concurso "Reporteiros na Rede", unha proposta de ámbito nacional para fomentar a adquisición das competencias STEAM por parte dos estudantes nas áreas temáticas de ciencia, mobilidade e educación financeira. O alumnado poderá participar nunha ou varias das temáticas podendo presentar traballos en dúas modalidades: artigo escrito e vídeo.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 12/01/2026
Requisitos:
Poderá participar o alumnado de ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos de centros escolares situados en territorio español, coordinados por un docente do seu centro. A idade límite dos escolares participantes non superará os 20 anos no momento da inscrición ao concurso.
Áreas temáticas:
- Ciencia-tecnoloxía
- Mobilidade
- Educación Financeira
Modalidades:
- Artigo Escrito: o alumnado partcipante -individualmente ou en grupos de 2 alumnos- realizarán un artigo de divulgación por cada unha das áreas temáticas ás que opten. En todas as temáticas deberase utilizar, exclusivamente, a información dispoñible na internet. O artigo, de redacción orixinal e inédito, deberá estar escrito en español e non poderá ser inferior a 1000 palabras nin exceder as 1500 e irá acompañado dunha listaxe das fontes de información consultadas.
- Peza Audiovisual Curta (vídeo): o alumnado partcipante -en grupos de ata 5 alumnos- realizarán un vídeo de divulgación por cada unha das áreas temáticas ás que opten. Poderase utilizar tanto material propio como o dispoñible na internet, sempre que os seus propietarios autoricen o seu uso. O vídeo será inédito, non poderá exceder os 5 minutos de duración e irá acompañado dunha listaxe citando os recursos alleos utilizados. O audio estará en español ou na súa falta, subtitulado en español. O arquivo non poderá superar os 600 Mb e a altura dos fotogramas non poderá ser inferior a 480 píxeles.
O prazo de incripción acaba o 12 de xaneiro de 2026 pero a entrega dos artigos escritos e dos vídeos comezará desde o momento da inscrición e finalizará o 30 de xaneiro de 2026. Todos os traballos serán enviados polo docente.
Remuneración / Dotación:
Premio de 1.150 € para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos por cada traballo gañador en cada modalidade (artigo e vídeo) e en cada temática (ciencia-tecnoloxía, mobilidade, e educación financeira)
Premio de 1.150 € para o alumnado de ESO por cada traballo gañador en cada modalidade (artigo e vídeo) e en cada temática (ciencia-tecnoloxía, mobilidade, e educación financeira)
Ademais dos premios aos participantes, os profesores coordinadores dos traballos premiados recibirán unha gratificación de 250 €
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible