Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Concello de Santa Comba convoca o I Certame Literario Re-versos: Relatos e Versos para promover a creación artística en lingua galega poñendo en valor tanto o relato breve como a poesía. O nome do certame actúa como o eixo central, xogando coa dualidade de volver ao verso como forma de expresión e a necesidade de explorar o reverso das cousas: aquilo que habita detrás do aparente.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 07/04/2026
Requisitos:
Poderá participar calquera persoa maior de 6 anos. Establécense 3 categorías de participación en cada unha das modalidades convocadas (relato breve e poesía): infantil, xuvenil e adultos (os non empadronados ou non escolarizados en Santa Comba so poderán participar na categoría de adultos, para maiores de 18 anos)
Cada persoa participante poderá presentar como máximo unha obra e concursar nunha única modalidade e categoría.
Todos os textos presentados deberán estar redactados en lingua galega, ser orixinais e inéditos e non premiados nin seleccionados noutros certames.
A temática e o contido das obras, así como a súa forma, será libre. Non obstante, o espírito do certame convida a explorar o concepto Re-versos dende calquera das súas acepcións creativas: a mirada cara ao reverso da realidade, a volta á esencia da palabra ou o descubrimento do que permanece oculto.
Remuneración / Dotación:
2 premios por cada modalidade (relato breve e poesía).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible