Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

I Premio de Iniciación a Investigación da Cátedra Institucional Rosalía de Castro 2026

Co obxectivo de incentivar o talento mozo no eido da investigación literaria, histórica e cultural, así como de espallar o coñecemento da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da USC na sociedade, abrindo a súa esfera de actuación ás universidades do SUG, ás do resto do Estado e ás estranxeiras, a Vicerreitoría de Innovación e Transferencia do Coñecemento resolve convocar o I Premio de Iniciación á Investigación para Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster da Cátedra Institucional Rosalía de Castro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/10/2026

Requisitos:

  • Poderán presentarse a este premio todos/as os/as estudantes que teñan defendido durante os cursos académicos 2023/2024, 2024/2025 e 2025/26 un Traballo de Fin de Grao (TFG) ou un Traballo de Fin de Máster (TFM), ou equivalente, presentado en universidades galegas, estatais ou estranxeiras, cuxo obxecto de análise fose a obra ou a figura de Rosalía de Castro ou outros aspectos do seu contexto literario, cultural e histórico. 
  • Os traballos presentados deberán acreditar a obtención dunha cualificación académica igual ousuperior a 9/10, ou equivalente, por parte das respectivas comisións de avaliación.
  • As solicitudes presentaranse a través do rexistro electrónico da USC mediante o formulario dispoñible. As persoas que non sexan quen de usar o rexistro electrónico poderán presentar a solicitude e documentación de xeito presencial na oficina de asistencia en materia derexistros do Campus de Santiago de Compostela e doCampus de Lugo (ver bases da convocatoria)

Remuneración / Custo:

Outorgarase un único premio en metálico de 1.000 € para un TFG ou TFM, acompañado do correspondente diploma acreditativo.

Páxina web:

https://www.usc.gal/

Contacto:

Cátedra Institucional Rosalía de Castro da USC

Facultade de Filoloxía da USC

Tel.: 881 811 791

Correo-e: catedra.rosaliadecastro@usc.gal 

Documentos:

Bases da convocatoria (PDF) (223 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión