Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Cátedra ALDABA-WIB vén de lanzar a iniciativa "Vídeos pola Igualdade", o I Premio da Cátedra ALDABA-WIB ao mellor vídeo en materia de promoción da participación da muller no desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), dirixido a centros educativos de toda Galicia nos que se impartan 1º e 2º da ESO.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 25/03/2026
Requisitos:
Os traballos poderán ser presentados por calquera centro educativo de Galicia e deberán estar realizados por colectivos de estudantes de 1º ou 2º da ESO.
Cada centro educativo poderá presentar todos os traballos con distintos colectivos de estudantes que considere oportuno.
Os centros educativos designarán un/ha coordinador/a para cada un dos traballos candidatos, que se encargará de coordinar a organización e o desenvolvemento do vídeo.
O estudantado deberá contar coa autorización do seu pai/nai ou titor/a legal para participar no concurso e, de ser o caso, para a difusión das imaxes.
Os traballos participantes deberán ser vídeos inéditos e curtos (máximo 3 minutos de duración), orientados ao seu uso en redes sociais. O contido debe promover a equidade entre homes e mulleres no mundo profesional e laboral das TIC.
Remuneración / Dotación:
1.000 € ao vídeo gañador, que se destinará á compra de libros e/ou material informático polo centro.
A Cátedra ALDABA-WIB: Women, ICT & Business foi constituída pola empresa ALDABA, a UDC e a UVigo co obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC, promocionando a participación de mulleres no seu desenvolvemento e establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible