Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

I Premio “Vídeos pola Igualdade”

A Cátedra ALDABA-WIB vén de lanzar a iniciativa "Vídeos pola Igualdade", o I Premio da Cátedra ALDABA-WIB ao mellor vídeo en materia de promoción da participación da muller no desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), dirixido a centros educativos de toda Galicia nos que se impartan 1º e 2º da ESO.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 25/03/2026

Requisitos:

  • Os traballos poderán ser presentados por calquera centro educativo de Galicia e deberán estar realizados por colectivos de estudantes de 1º ou 2º da ESO.
  • Cada centro educativo poderá presentar todos os traballos con distintos colectivos de estudantes que considere oportuno.
  • Os centros educativos designarán un/ha coordinador/a para cada un dos traballos candidatos, que se encargará de coordinar a organización e o desenvolvemento do vídeo.
  • O estudantado deberá contar coa autorización do seu pai/nai ou titor/a legal para participar no concurso e, de ser o caso, para a difusión das imaxes.
  • Os traballos participantes deberán ser vídeos inéditos e curtos (máximo 3 minutos de duración), orientados ao seu uso en redes sociais. O contido debe promover a equidade entre homes e mulleres no mundo profesional e laboral das TIC.

Remuneración / Custo:

1.000 € ao vídeo gañador, que se destinará á compra de libros e/ou material informático polo centro.

Páxina web:

www.udc.es

Contacto:

Cátedra ALDABA-WIB. Premio Vídeos pola Igualdade 

Tel.: 981 90 20 60

correo-e: premios@wib.aldaba.es

www.aldaba.es/gl/catedra-wib

A Cátedra ALDABA-WIB: Women, ICT & Business foi constituída pola empresa ALDABA, a UDC e a UVigo co obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC, promocionando a participación de mulleres no seu desenvolvemento e establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión