Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Illustraciencia 2026

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Asociación Catalá de Comunicación Científica (ACCC) organizan a 13ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e da Natureza "Illustraciencia", unha iniciativa que ten como finalidade promover a cultura científica a través da ilustración científica, así como incentivar o desenvolvemento e o coñecemento desta disciplina longamente vinculada á ciencia e á divulgación científica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/03/2026

Requisitos:

  • Persoas ou equipos de persoas maiores de 18 anos, sen importar o país de residencia. Quedan excluídos os gañadores da edición anterior e membros da organización e xurado.
  • Establécense 3 categorías de participación:
    • - Científica
    • - Naturalista
    • - Ciencias mariñas "Luisa de la Vega"
  • Cada participante poderá enviar unha única obra que se presentará a través do formulario dispoñible en https://illustraciencia.info/participa . No caso de participar en equipo deberase indicar o nome de todos os integrantes do mesmo.
  • A obra deberá ser realizada entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de marzo de 2026.
  • O tema das ilustracións deberá estar relacionado coa ciencia ou a natureza e a técnica é libre. É obrigatorio indicar se se utilizou Intelixencia Artificial na súa realización.
  • O tamaño da ilustración hase de adaptar a A4 (210 x 297mm) 150 DPI en RGB. A proposta non deberá incluír marca de auga, título ou textos.
  • No formulario de participación, xunto coa ilustración, deberase incluír un texto divulgativo de entre 50 e 100 palabras, que describirá de forma rigorosa a especie ou o elemento representado e explicará o seu interese científico, divulgativo ou artístico.

Remuneración / Custo:

1.000 € para a obra gañadora en cada unha das tres categorías.

De entre todas as propostas recibidas, o xurado seleccionará un máximo de 40 ilustracións para que formen parte da exposición en base ao seu rigor técnico, innovación e capacidade divulgativa.

Páxina web:

https://illustraciencia.info

Contacto:

Illustraciencia

correo-e: hola@illustraciencia.info

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión