Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convocan, en colaboración coa Xunta de Galicia e Culturalia GZ, o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba co fin de poñer en valor este monumento histórico, promover a sua conservación e, ao mesmo tempo, fomentar a creatividade e estimular a creación poética.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 18/10/2026

Requisitos:

  • Poderán concorrer ao certame todos os autores e autoras que o desexen, sempre que teñan 16 anos ou máis e presenten as súas obras en lingua galega.
  • Presentarase unha única obra por autor/a, cunha extensión mínima de 300 versos e máxima de 600 versos. A súa temática, métrica e rima serán libres.
  • As obras presentaranse escritas a ordenador, en calquera soporte, por unha soa cara, con tamaño de letra 12 e tipo Arial.
  • Deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas en ningún outro concurso ou certame literario. Non poderán participar os gañadores das dúas últimas edicións do Certame de Poesía Torre de Caldaloba.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica do Concello de Cospeito. Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente no Concello de Cospeito ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Remuneración / Custo:

  • 1.º premio: 1.500 € e publicación da obra
  • 2.º premio: accésit e publicación da obra

Páxina web:

www.concellodecospeito.es

Contacto:

Concello de Cospeito

Avenida da Terra Chá, 29 (27377 - Cospeito, Lugo)

Tel.: 982 520 001

concellodecospeito@concellodecospeito.es

Publicación:

BOP Lugo 20/08/2026

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión