Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

IX Mini Print Internacional Cantabria

O IX International Mini Print Cantabria convoca a súa edición 2026 baixo o lema “Mar Abierto. Realidad, imaginario y poética”, con sede expositiva no Arquivo da Autoridade Portuaria de Santander (Cantabria, España). O certame está aberto a todas as disciplinas do gravado, incluíndo obra dixital impresa e monotipia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/07/2026

Requisitos:

  • O premio está aberto a todas as disciplinas do gravado, admitíndose tamén obra dixital impresa e monotipo.
  • A temática é "Mar abierto. Realidad, imaginario y poética", aínda que non esixe un enfoque figurativo e admite calquera linguaxe estética.
  • Poderán participar artistas de calquera país enviando ata tres obras, sempre que non superen os 20x20 cm (imaxe e papel). As pezas deberán enviarse sen marco, cristal nin paspartú, asinadas en anverso ou reverso.
  • Todas as obras que cumpran as bases participarán no concurso, aínda que, se o número excede a capacidade do espazo expositivo, realizarase unha selección previa para a exposición.
  • A inscrición consta de tres pasos: completar o formulario en liña, aboar a cota correspondente e enviar fisicamente as obras por correo postal antes do 31 de xullo de 2026 (data válida segundo cuño).

Remuneración / Custo:

Entregaranse os seguintes Premios:

  • 1º Premio: 4000€
  • 2º Premio: 1500€
  • 3º Premio: 500€
  • Premio Mar Cantábrico: 500€

O xurado, ademais, outorgará Premios Honoríficos e Mencións.

Páxina web:

https://www.miniprintcantabria.es/

Organiza:

SM Prol Art Circle

Contacto:

IX Mini Print Internacional Cantabria

Rúa San Ganzo, 15 39360 Tagle/Suances

Cantabria - España

Correo-e: miniprint@smproart.com

Documentos:

Bases do concurso (PDF) (301 KB)

Espazo de Exhibición das obras:

A exhibición das obras realizarase no Espazo Expositivo do Arquivo da Autoridade Portuaria de Santander en Santander, Cantabria, España do 11 de setembro ao 8 de decembro de 2026.

Catálogo: editarase un catálogo dixital coas obras seleccionadas para a exhibición e premiadas. Este catálogo estará dispoñible, en alta resolución, para descarga gratuíta no sitio web.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión