Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Olimpíada Informática Galega 2026

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Universidade da Coruña, Universidade de Santiago e Universidade de Vigo, organizan a Olimpíada Informática Galega 2026, destinada a estudantes de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional, para promocionar o coñecemento e as vocacións nesta disciplina.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/02/2026

Inscricións:

Ata o 23/01/2026

Requisitos:

  • Estudantes de centros públicos, concertados e privados de Galicia matriculados durante o curso 2025/2026 nalgún curso da ESO, bacharelato ou ciclos formativos de grao medio, sempre que teñan menos de 20 anos de idade o 1 de xullo de 2026.
  • A participación realízase de xeito individual.

Remuneración / Custo:

Os 2 primeiros postos da Fase Galega poderán participar na Fase Nacional da OIE 2026, que se celebrará en Valladolid do 10 ao 12 de abril de 2026 (as organizacións da OIE e da OIG correrán cos gastos de viaxe e aloxamento)

As 4 primeiros postos da Fase Nacional poderán participar na International Olympiad of Informatics 2026, que se celebrará en agosto de 2026 en Uzbekistan.

Tamén haberá premios para algúns dos seguintes postos na clasificación da Fase Galega, ademais de para a mellor programadora muller e para o/a mellor participante da ESO.

Páxina web:

https://oig.gal

Contacto:

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Rúa Fernando III O Santo 13, 1.ºA (15701 Santiago de Compostela)

‌Tel.: 981 592 773

correo-e: informacion@cpeig.gal

A proba consistirá na resolución de un número entre 6-8 problemas nun prazo de 3 horas. Cada problema deberá resolverse mediante unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Permítese o uso de C++, Python ou Java

DATA E LUGAR DA PROBA: a Olimpiada Informática Galega 2026 terá lugar o venres 6 de febreiro de 2026 de xeito presencial na Facultade de Informática da Universidade da Coruña desde as 15.30 h.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión