O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Universidade da Coruña, Universidade de Santiago e Universidade de Vigo, organizan a Olimpíada Informática Galega 2026, destinada a estudantes de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional, para promocionar o coñecemento e as vocacións nesta disciplina.
Para público en xeral
06/02/2026
Ata o 23/01/2026
Os 2 primeiros postos da Fase Galega poderán participar na Fase Nacional da OIE 2026, que se celebrará en Valladolid do 10 ao 12 de abril de 2026 (as organizacións da OIE e da OIG correrán cos gastos de viaxe e aloxamento)
As 4 primeiros postos da Fase Nacional poderán participar na International Olympiad of Informatics 2026, que se celebrará en agosto de 2026 en Uzbekistan.
Tamén haberá premios para algúns dos seguintes postos na clasificación da Fase Galega, ademais de para a mellor programadora muller e para o/a mellor participante da ESO.
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
Rúa Fernando III O Santo 13, 1.ºA (15701 Santiago de Compostela)
Tel.: 981 592 773
correo-e: informacion@cpeig.gal
A proba consistirá na resolución de un número entre 6-8 problemas nun prazo de 3 horas. Cada problema deberá resolverse mediante unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Permítese o uso de C++, Python ou Java
DATA E LUGAR DA PROBA: a Olimpiada Informática Galega 2026 terá lugar o venres 6 de febreiro de 2026 de xeito presencial na Facultade de Informática da Universidade da Coruña desde as 15.30 h.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible