Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Parlamento Xove 2026

A Dirección Xeral de Xuventude abre o prazo de inscrición para a 17ª edición de Parlamento Xove correspondente ao curso 2025/2026. O proxecto baséase nunha formación e competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 16/01/2026

Requisitos:

  • Nas categorías de ESO, Bacharelato e FP, cada centro educativo poderá inscribir, como máximo, 2 equipos por categoría. O equipo de debate componse de 4 membros e unha persoa coordinadora pertencentes ao centro educativo ao que representan.
  • Na categoría de Universidade, cada campus universitario poderá preinscribir tantos equipos como considere. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 e un máximo de 4 membros e unha das persoas membros do equipo actuará como coordinador/a.
  • Na categoría Posformativa, a participación estará limitada a un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 e un máximo de 4 membros e unha das persoas membros do equipo actuará como coordinador/a.

Remuneración / Custo:

  • Equipos gañadores do Parlamento Xove, en todas as categorías: unha viaxe para os/as integrantes do equipo valorada en 4.000 €.
  • Equipo finalista: un agasallo a cada integrante do equipo.

O xurado poderá facer 1 mención especial por cada categoría ( ESO, Bacharelato, Universidade, FP e Posformativa). O alumnado distinguido con esta mención recibirá un diploma acreditativo e un agasallo.

Páxina web:

http://xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio de Emprego, baixo - Complexo Administrativo de San Lázaro (15707 - Santiago de Compostela)

Tel.:  881 999 049

correo-e: parlamentoxove.xuventude@xunta.gal

O programa estructúrase nas seguintes CATEGORIAS:

  • Categoría de ESO: de 3º e 4º da ESO de calquera centro de ensino de Galicia.
  • Categoría de Bacharelato: de 1º e 2º de Bacharelato de calquera centro de ensino de Galicia.
  • Categoría de Formación Profesional: a mocidade estudante de calquera módulo ou ciclo de FP de calquera centro de ensino de Galicia.
  • Categoría de Universidade: a mocidade estudante de grao de calquera universidade pública ou privada de Galicia.
  • Categoría Posformativa: a mocidade ata 30 anos non incluída en ningunha das categorías anteriores.

INSCRICIÓN: no formulario dispoñible na web https://xuventude.xunta.gal ata o 16 de xaneiro de 2026.

  • Poderán inscribirse un total de 24 equipos na Categoría de ESO, 24 equipos na Categoría de Bacharelato, 8 equipos na Categoría de FP, 16 equipos na Categoría de Universidades e 8 equipos na Categoría Posformativa.
  • As prazas outorgaranse por estrita orde de inscrición, tendo preferencia aqueles centros xa inscritos a través do Plan Proxecta, facendo unha listaxe de agarda cos centros non seleccionados

FASES:

  • A competición constará de fase clasificatoria -na ESO, Bacharelato e Universitaria- e fase final de eliminatoria directa. Os temas da fase clasificatoria e final publicaranse na páxina web da D.X. Xuventude http://xuventude.xunta.es
  • Os 8 equipos mellor clasificados en cada categoría debaterán sobre un novo tema na fase final de eliminatoria directa, composta por cuartos de final, semifinais e final. 
  • En todos os debates, os dous equipos que se enfrontarán en cada encontro defenderán posturas opostas: un asumindo a postura A FAVOR e o outro a postura EN CONTRA, que se decidirá por sorteo minutos antes do comezo do debate.

DATAS E LUGARES: as datas exactas, así como o lugar de realización dos debates dialécticos serán publicadas na web https://xuventude.xunta.gal e notificadas por correo electrónico ao coordinador/a de cada equipo.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión