Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Concellería de Urbanismo, Deportes e Xuventude do Concello de Lugo convoca o Premio de Deseño Gráfico "Arde Lucus" co fin de elixir o cartel anunciador da edición 2026 desta festa de interese turístico internacional.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 27/03/2026
Requisitos:
Poderá concorrer toda a poboación con traballos de formato A3 e técnica libre, presentando cantas obras considere oportunas, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e non premiadas con anterioridade.
Os deseños deberán reflectir o espírito da festa Arde Lucus, facendo especial fincapé na reconstrución histórica e terán que visualizar obrigatoriamente o mundo romano e castrexo. A cor dominante será a vermella, seguindo a paleta cromática establecida nas bases.
Os carteis deberán incluír os seguintes textos e imaxes:
Os logotipos das redes sociais: X, Instagram, Youtube e Facebook
Os traballos deberán de ser presentados sobre soporte ríxido que facilite a súa exposición, en formato A3, ademais de copia en formato dixital (JPEG ou PNG) con unha resolución de 1890 X 2645
A presentación dos traballos deberá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben nos lugares establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible