Coa intención de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como para lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico, compositor para espectáculos musicais e teatrais e dinamizador cultural, que foi o cantante Fran Pérez “Narf”, a Deputación provincial da Coruña convoca o premio Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.
Para público en xeral
Dende o 10/02/2026 ata o 10/04/2026
Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego/a ou residente en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...), que non fose finalista nin obtivesen o premio nos cinco anos anteriores, e que presenten obras non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
As persoas participantes non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no premio. As que se presenten individualmente tampouco poderán formar parte de grupo ningún.
1º Premio: 4.000 €
2º Premio: 2.000 €
3º Premio: 1.500€
Deputación da Coruña
Av. Porto da Coruña nº2
15003 - A Coruña
Tel: 981 080 300
E-correo: info@premionarf.gal
Publicación: BOP 27/01/2026
Bases: BOP 29/12/2025
Dende o 08/02/2026 ata o 27/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 28/02/2026
Ata o 13/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible