Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Editorial Galaxia, coa colaboración de El Corte Inglés no seu apoio á cultura galega, convoca a décima edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2026, para autores e autoras menores de 35 anos.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/04/2026
Requisitos:
Poderán optar ao premio as persoas que non superen os 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais.
As obras presentadas estarán escritas en lingua galega, conforme á normativa vixente. Serán orixinais, rigorosamente inéditas total ou parcialmente, e que non fosen premiadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. Ademais, na súa creación non se pode empregar ningunha clase de IA xenerativa.
Poderán concorrer novelas ou conxuntos de relatos cunha extensión mínima de 150.000 caracteres con espazos.
Das obras deberán enviarse 6 copias impresas ao enderezo: "Premio Illa Nova de Narrativa. Editorial Galaxia: Travesía de Vigo, 71, soto. 36206 - Vigo"
Remuneración / Custo:
Entregarase un único premio de 3.000 €.
A obra premiada será editada e comercializada pola Editorial Galaxia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible