Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premio Raíña Lupa

Coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo das/os máis pequenas/os, e de facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela, a Deputación da Coruña convoca o Premio “Raíña Lupa” de literatura infantil e xuvenil.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 10/02/2026 ata o 10/04/2026

Requisitos:

  • Poderá participar calquera persoa maior de 18 anos que non gañase o premio nos cinco anos anteriores a este e que presente obras orixinais que non foran premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou concurso.
  • As obras estarán escritas en lingua galega e serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil ou xuvenil.
  • O tratamento de texto será Word, LibreOffice ou PDF, en formato DIN A4, texto a dobre espazo, letra Times New Roman corpo 12 e deberá estar paxinado.

Remuneración / Custo:

Dous premios, dotados con 6.500€ cada un deles, para cada unha das modalidades.

Páxina web:

dacoruna.gal/cultura

Contacto:

Deputación provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña nº2

15003 - A Coruña

Tel: 981 415 000

E-correo: cultura@dacoruna.gal

Publicación: BOP 27/01/2026

Bases: BOP 24/12/2025

MODALIDADES:

Infantil: obras dirixidas especificamente ao público lector infantil.

Xuvenil: obras dirixidas especificamente ao público lector xuvenil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión