Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios nacionais Consumópolis curso académico 2026-2027

O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 convoca os premios nacionais do concurso escolar Consumópolis para o curso académico 2026-2027 que ten como obxectivo favorece a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 05/10/2026 ata o 01/03/2027

Requisitos:

Poderán participar neste concurso, escolares que estean matriculados en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional nalgún dos tres seguintes niveis:

  • Nivel 1: quinto e sexto cursos de Educación Primaria.
  • Nivel 2: primeiro e segundo cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Nivel 3: terceiro e cuarto cursos de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Formación Profesional Básica.
  • A inscrición no concurso realizarase por equipos de cinco participantes, matriculados nalgún dos cursos do correspondente nivel de participación, coa coordinación dun docente do centro.

A inscrición no concurso realizarase por equipos de cinco participantes, matriculados nalgún dos cursos do correspondente nivel de participación, coa coordinación dun docente do centro

Remuneración / Dotación:

Computadores portátiles ou tabletas para cada un dos cinco participantes e o docente coordinador do equipo gañador para os tres niveles.

Os gastos dos desprazamentos dos equipos gañadores e os seus acompañantes ao acto de entrega dos premios nacionais.

Premio en metálico de 2.000 euros para os centros educativos aos que pertenzan os equipos gañadores.

Páxina web:

https://consumopolis.consumo.gob.es/

Contacto:

Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030

P.º do Prado, 18, Centro, 28014. Madrid

Tlf. 915 961 000

Correo-e: consultas.consumopolis@consumo.gob.es

Publicación: BOE 22/08/2026

Documentos:

Bases Concurso Escolar Consumópolis (pdf) (259 KB)

Consumópolis é un lugar con acceso a información e actividades sobre o Consumo Responsable. É tamén un punto de encontro que favorece o intercambio de opinións e experiencias entre todos os que entenden como fundamental a formación en materia de consumo.

O obxectivo de Consumópolis é ofrecer á comunidade escolar unha ferramenta práctica e dinámica que contribúa ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores. Consumópolis favorece a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión