Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios Nacionais de Fin de Carreira de Educación Universitaria finalización cursos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025

Estes premios teñen como obxectivo incentivar e recoñecer o rendemento académico e a excelencia entre os estudantes universitarios que concluísen os estudos en centros universitarios españois. Nesta convocatoria procédese a convocar as edicións de Premios Nacionais de Fin de Carreira correspondentes á finalización de estudos nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 06/08/2026

Requisitos:

  • Poderán ser candidatas a estes premios as persoas que concluísen os seus estudos conducentes a un título universitario oficial de Grao en centros españois xa sexa en facultades universitarias, escolas técnicas superiores ou escolas universitarias españolas, nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023 2023-2024,2024-2025, e que obtivesen no seu expediente académico, como mínimo, as seguintes notas medias por rama de coñecemento:
    • Titulacións da Rama de Artes e Humanidades: 9,00 puntos
    • Titulacións da Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas: 9,00 puntos.
    • Titulacións da Rama de Ciencias da Saúde: 9,00 puntos.
    • Titulacións da Rama de Ciencias: 9,00 puntos
    • Titulacións da Rama de Enxeñaría e Arquitectura: 8,00 puntos.
  • As candidaturas serán presentadas polas universidades españolas nas que se concluísen estudos conducentes a un título universitario oficial de Grao nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023 e 2023-2024, e 2024-2025.

Remuneración / Dotación:

  • O número máximo de premios a conceder, para cada un dos seis cursos académicos, será de 58, distribuídos por rama de coñecemento segundo indícase a continuación:
    • Rama de Artes e Humanidades: 7 premios.
    • Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas 15 premios.
    • Rama de Ciencias da Saúde: 12 premios.
    • Rama de Ciencias: 9 premios.
    • Rama de Enxeñaría e Arquitectura: 15 premios.
  • Cada un dos premios está dotado con 5.000 euros.

Páxina web:

https://www.ciencia.gob.es

Contacto:

Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

premios@ciencia.gob.es

Publicación: BOE 09/07/2026

BDNS(Identif.): 917788

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión