Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios Youtubeiras+ 2026

Os Premios Youtubeiras+ teñen como finalidade estimular a creación en galego en todas as redes sociais con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na rede. Trátase dunha iniciativa de dinamización lingüística da que na actualidade forman parte a Deputación da Coruña, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e varios concellos de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/11/2026

ás 23:59 h.

Requisitos:

  • Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 16 anos que teñan canles autoproducidas nas redes sociais en activo e accesibles durante o certame. No caso de seren menores de idade, a inscrición irá acompañada da autorización da persoa titora legal.
  • As canles deben ter a maioría das publicacións en galego e cumprirán as seguintes condicións:
    • Contar como mínimo con tres publicacións subidas a partir do 16 de novembro de 2025.
    • Non ter restricións de privacidade.
    • Os títulos, as descricións e os subtítulos permanentes, de habelos, estarán en galego.
    • Non se poden presentar listas de reprodución.
    • Excluiranse aquelas candidaturas que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.
  • As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario da web https://youtubeiras.gal onde indicará o URL da(s) canle(s). Cada persoa creadora pode inscribir máis dunha canle.

Remuneración / Custo:

Premios:

  1. Premio Honorífico á traxectoria: sen dotación económica
  2. Canle: 1250 €.
  3. Creación de contidos: 1250 €
  4. Podcast: 1000 €
  5. Revelación: 1000 €
  6. Calidade lingüística: 1000 €
  7. Rede: 1000 €
  8. Do público: 1000 €

Cada participante pode ser finalista en dúas categorías, aínda que non se lle outorgará máis que un único premio nunha soa categoría.

Páxina web:

https://youtubeiras.gal

Contacto:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión