Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

V Concurso de Piano “Cidade de Don Benito”

A quinta edición do Concurso Nacional de Piano “Cidade de Don Benito”, organizado pola concellería de Cultura do Concello de Don Benito, busca estimular o desenvolvemento musical de pequenos e mozos pianistas. Unha ferramenta pedagóxica para impulsar as súas traxectorias artísticas e conseguir un espazo de encontro onde compartir inquietudes yexperiencias musicais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/04/2026 ata o 26/04/2026

Inscricións:

Ata o 19/03/2026

Requisitos:

  • Poderán participar un total de 48 pianistas residentes en España (16 concursantes por categoría). Se se excedese en máis de 16 inscricións por categoría, o xurado levará a cabo unha proba de preselección valorando o vídeo de YouTube achegado na inscrición en liña.
  • O concurso constará de tres niveles: • INFANTIL: ata 14 anos (inclusive) • XUVENIL: ata 18 anos (inclusive) • NOVOS CONCERTISTAS: ata 25 anos (inclusive)...

Remuneración / Custo:

NOVOS CONCERTISTAS:

  • Primeiro premio: 2000 euros, un concerto remunerado (500 euros) a realizar no acto inaugural da sexta edición do concurso, diploma e trofeo.
  • Segundo premio: 1000 euros e diploma.
  • Terceiro premio: 500 euros e diploma.

XUVENIL:

  • Primeiro premio: 1000 euros, un concerto remunerado (400 euros), diploma e trofeo.
  • Segundo premio: 700 euros e diploma.
  • Terceiro premio: 400 euros e diploma.

INFANTIL:

  • Primeiro premio: 800 euros, un concerto remunerado (300 euros), diploma e trofeo.
  • Segundo premio: 500 euros e diploma.
  • Terceiro premio: 300 euros e diploma.

Páxina web:

www.donbenito.es

Contacto:

Concellería de Cultura do Concello de Don Benito

Manuel Martos Ceacero (director artístico)

tel: 619 947 382

e-correo: concursopianodonbenito@gmail.com

Documentos:

Basees completas (pdf) (283 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión