Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

VI Premios literarios Pinto e Maragota 2026

O Concello de Pontevedra, en colaboración con Edicións Xerais de Galicia, convoca a VI Edición do Certame Literario “Pinto e Maragota” para visibilizar e dignificar a diversidade sexual e de xénero.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 02/08/2026

Ás 23:59 h.

Remuneración / Dotación:

3.000 euros como premio económico, así como a edición e publicación da obra gañadora.

Páxina web:

Premio Literario “Pinto e Maragota”

Organiza:

Contacto:

Centro de Información á Muller

Praza José Martí, 3º andar, Pontevedra

Tel.: 900 119 741 - 986 864 825

E-correo: igualdade@pontevedra.eu

Poden participar obras inéditas nas modalidades de novela, teatro e poesía, tanto dirixidas a público adulto como infantil e xuvenil. No caso das novelas e pezas dramáticas destinadas a persoas adultas, os textos deberán contar cun mínimo de 90.000 caracteres con espazos, mentres que os poemarios deberán superar os 500 versos, sen limitación na súa estrutura. As obras destinadas ao público infantil quedan exentas de extensión mínima.

Haberá un único premio de 3.000 euros, ao que se suma a edición e publicación da obra gañadora por parte de Edicións Xerais, consolidando así unha vía de difusión para o traballo premiado.

Cada participante poderá presentar cantas obras quixer, en envíos separados. Calquera dúbida sobre o contido desta convocatoria será atendida polo Centro de Información á Muller (igualdade@pontevedra. eu).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión